Thursday 09 de May de 2024

As corais coruñesas cantan ao Nadal no escenario do Pazo da Ópera


A alcaldesa, Inés Rey, asiste ao tradicional Certame de Música de Nadal organizado por Follas Novas coa colaboración do Concello

A alcaldesa, Inés Rey, acompañada de edil de Educación, Jesús Celemín, e da concelleira de Comercio, Diana Cabanas, asistiu esta tarde no Pazo da Ópera ao tradicional certame de Música de Nadal Cidade da Coruña, que organiza Follas Novas coa colaboración do Concello, e que nesta XXIX edición reuniu a case todas as agrupacións polifónicas da cidade: Coral Breogán- Once, A Trova Coruñesa, El Acorde Secreto, Coral Sancta María Maris, Polifónica Canticorum, Agrupación Musical Albéniz, El Eco, Amizades, Cantabile e Follas Novas.

A alcaldesa destacou a importancia de apoiar ao asociacionismo cultural neste tempo de pandemia e subliñou o papel que desempeñan as corais na tradición cultural coruñesa.

Coa capacidade permitida completa, o público coruñés gozou da música das corais nun certame que tamén se transmitiu por streaming, co fin de que as persoas afeccionadas seguisen o concerto.